¡Mi ma! Xa pasaron por aquí...

jueves, 1 de marzo de 2018

TRADUCINDO O BLOG, ACTUALIZÁNDOSE...

Dado que un dos meus propósitos, non escritos nin meditados, para este novo ano foi o de falar o Galego, a miña lingua paterna, tanto na casa cós meus, como na Embaixada da Lobeira nos Paises Baixos, hoxe decidín comezar a traducir todalas entradas aos poucos, comezando hoxe pola primeira que escribín aló polo 1 de maio de 2011:




Pois si, vivo na Lobeira, un lugar afastado do mundanal ruido situado na parroquia de Santa Mariña do Monte, en San Sadurniño, na provincia da Coruña.
Moi lonxe daquí, en Estados Unidos un cantante chamado James Brown dicía "...Livin´in America...". Eiquí, no monte, e facendo un xogo melódico coa canción mencionada, de cando en vez canturreo "... Vivo na Lobeira..." Pequena i estúpida anécdota que xustifica o por qué se chama así o meu blog. Simplemente porque o dia que o creei estaba canturreando isto constantemente, curiosamente mentres picaba leña fronte a casa.

Neste blog pretendo presentar á comunidade dixital as miñas inquietudes, curiosidades coas que me encontró, discusións e debates nos que participo e moitas cousas máis, polo que non serán publicacións regulares pero si interesantes, ou polo menos iso intentarei.

Do mesmo modo, utilizo este primeiro post para animar a todo o mundo que participe dando o seu punto de vista, xa seña bon ou crítico, para poder mellorar.

Sin máis, despídome ata a próxima publicación.


Agardo vos gustase este novo proxecto, asi coma o cambio. E se tendes algún comentario pregariavos mo fixésedes chegar a traves desta ferramenta que tendes debaixo.

Unha aperta a todos, e seguimos en contacto.


No hay comentarios: