Comeza hoxe un novo proxecto na canle de YouTube, pois xa que os medios informativos, é dicir, televisión, radio ou periódicos (sexan estes en liña ou en papel) non están pola labor de se documentar ben no tocante aos creadores de contido audiovisual para o YouTube que apostan polo GALEGO como motor comunicativo, decidín levar a cabo un pequeno estudo, non carente de fallos, estou seguro, pero coa mellor intención que puiden, para elaborar posteriormente unha listaxe, ao máis puro estilo radiofónico, das 50 canles do YouTube en GALEGO que manteñen a súa actividade.
As 50 do Youtube GALEGO, constitúese nun proxecto ilusionante que agardo sexa de utilidade a moita xente que non sabe por onde comezar á hora de buscar contidos na nosa lingua no YouTube e noutras Redes Sociais. Pretende ser unha lista permanente e de consulta das 50 canles que apostan polo GALEGO como lingua, ordeadas según o seu número de subscriptores, ou como eu adoito dicir, seareiros; sendo a nº 1 a que máis subscriptores ten e a nº 50 a que menos. E tendo en conta 3 ou 4 canles que poderían optar a entrar na lista, comentadas na sección Entradas.
Dende hoxe tes dispoñible o video da lista na miña canle de YouTube, nesta ligazón:
https://youtu.be/Cc9IFugDGjw
OLLO!! Nesta listaxe non teñen cabida as seguintes canles:
- Canles que teñen máis contido en castelán que en GALEGO. Se o 75% dos vídeos publicados no último mes non están en galego, non entrará en lista, ou sairá dela se é que xa estaba.
- Canles que non teñan ningún vídeo publicado no mes completo anterior.
- As canles de partidos políticos ou relacionadas con política.
- As canles de organizacións oficiais ou gobernamentais.
- As canles de colexios, institutos ou centros de ensino.
- As canles cuxos vídeos sexan somentes musicais ou con contido de terceiros (extractos de programas de tv e similares)
- As canles de medios de comunicación, é dicir, televisións, xornais, radios.
Dado que esta lista é elaborada coa mellor das intencións, se nalgún momento ves que falta algunha canle que cumpla os requisitos ou sobra algunha porque non os cumple, COLABORA!, podes notificarmo nos comentarios desta entrada, no meu enderezo electrónico, ou en calquera das miñas redes sociais (facebook, Instagram ou twitter) estarei encantado de mencionarte como COLABORADOR na seguinte lista que confeccione.
E sen máis déixote por aquí abaixo, por se eres máis de ler que de ver vídeos, a LISTAXE por orde alfabético de "As 50 do YouTube" en GALEGO correspondente a Maio do 2020:
No hay comentarios:
Publicar un comentario