¡Mi ma! Xa pasaron por aquí...

Mostrando entradas con la etiqueta Lobeira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lobeira. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de marzo de 2018

TRADUCINDO O BLOG, ACTUALIZÁNDOSE...

Dado que un dos meus propósitos, non escritos nin meditados, para este novo ano foi o de falar o Galego, a miña lingua paterna, tanto na casa cós meus, como na Embaixada da Lobeira nos Paises Baixos, hoxe decidín comezar a traducir todalas entradas aos poucos, comezando hoxe pola primeira que escribín aló polo 1 de maio de 2011:


sábado, 13 de febrero de 2016

QUIXERA...

Xa chega o gran día no que se amosan, para todo o que esté interesado nisto do cine, os froitos do traballo dos últimos meses por parte de tódolos participantes, que no meu caso, iso dos meses veuse limitado a semanas polas idas e vidas, algunha que outra visita ao hospital (nada grave), un plan de adelgazamento un tanto radical (que inclue horas de deporte e de cociña sana)  e algunha que outra ocupación máis, como ser o administrador da páxina de Facebook (e creador de algún que outro contido) dun grupo de motos co que saio, que en conxunto, me comeu tempo de adicarlle á miña "opera prima". A miña "curta" para frauta e guitarra de 12 cordas en mi menor, Opus 1.




I e que, e verdade, unha vez que vexa a luz a miña primeira curtametraxe, deixarei de ser un cineasta debutante e primerizo, xa terei unha creación que amosarlle a todo aquel que dubide da miña palabra e xa non poderéi optar ao Goya ao mellor director novel, cagona...!!. Certo que xa fixera algún que outro video (incluida montaxe), pero non se pode amosar públicamente polo tema dos dereitos de imaxe dalgún que nel sale e demáis...




A peza que teño preparada titularase "QUIXERA", e a miña "productora" dime que o máis que poido poñer para describila é:




"QUIXERA é o desexo de reflexar a ilusión polo proxecto, a posta en marcha ilustrada en imaxes que resumen o proceso de elaboración da curta, QUIXERA dicirvos máis..."




Ata aquí poido ler, non hai máis ata que a vexades. Estame carcomento por dentro de non dicilo, pero teño que ser forte. Así que, xa sabedes, se pasades hoxe, 13 de febreiro de 2016, pola Casa da Cultura de San Sadurniño, a partires das 06:30 da tardiña, xa me diredes se vos gustou ou non, e se me vedes faládeme, que xa sabedes quen son, pero eu non coñezo a moitos de vos. E se non vades, xa compartiremos por aquí o enlace da miña creación ao canal en YouTube do Chanfaina Lab...


Agardo que vos guste e sobre todo estar á altura do que se agardaba de un humilde servidor (que agardo que non foran moi altas as expectativas,¿eh?)...




Para o ano, máis e millor...

viernes, 27 de noviembre de 2015

A NOSA VIDA CABE NUN ZULO.

E non e mentira o título desta nova entrada.

En todo o tempo que levo escribindo neste blog, penso que nunca vos falei do "faiado" da Lobeira. Desa habitación "recolletodo" na que se garda o que non se usa, o que estorba noutro sitio e na que o orde non e prioritario. Resulta que alá polo 2005, cando comecei a visitar o Lugar, resultoume moi curiosa a distribución da casa. Lembrabame algo da casa que miña avoa paterna tiña en Neaño, no concello de Cabana de Bergantiños.

martes, 8 de septiembre de 2015

POIS ESTACHE BOA A CHANFAINA…


¿Qué fago eu aquí? ¿Quen me mandaría a min meterme neste fregado? Inda es burro, xa tiñas pouco tempo libre e méteste nisto. Inda es pampón.

Estes son algún dos pensamentos que me asaltaban na mañá deste pasado Sábado, mentres desaiunaba algo no café DZINE, entre leves ramalazos de fachenda e ilusión… Alí xa estaban preparando todo para o que ía ser a proxección de traballos previos e presentación dos

domingo, 30 de agosto de 2015

FOISE CO VENTO...


Con este título, en homenaxe á que foi, según me dixeron hoxe fontes non contrastadas, a primeira película dobrada ó galego emitida pola TVG, indícovos que esta entrada que comezades a ler, vai de cine, máis concretamente, do ENCONTRO DE CINEASTAS CHANFAINA LAB 2015 que se vai a celebrar no concello a vindeira fin de seman (4-5-6 de Setembro).

Debido aos xiros que da a miña insignificante, intensa e ás veces itinerante vida, e debido tamén á miña curiosidade insaciable e ás

lunes, 19 de mayo de 2014

A NAIDE LLE VEÑEN TRAER O CHOIO Á PORTA DA CASA...

La he tomado del blog: http://lahordafeliz.blgspot.com.es
Sabia frase enunciada por mi padre en múltiples ocasiones. Tantas veces la he oido que en ningún momento me ha asustado tener que irme lejos a trabajar. Cosa que ha pasado desde que "he debutado" en mi etapa laboral en múltiples ocasiones. Por cosas de la vida, hastío de un trabajo ya demasiado monótono, aburrimiento por repetición de rutinas y, al fin y al cabo, ganas de obrar un cambio, he decidido solicitar un traslado a Madrid, por estos días, capital del futbol (al menos europeo).

jueves, 13 de diciembre de 2012

OS BERROS...


esta e de http://elespaciodemartha.blogspot.com.es
De súpeto, ao pechá-la porna, non soubo por qué pero veulle a lembranza daquela noite de inverno de había xa uns 10 anos. Aquela outra noite que perdera completamente as ganas de durmir por mor dos berros que se escoitaban en todo o val. Non pasara tanto medo dende aquel día.

Mela, a filla de Tonio da Coruxa, que quedara preñada despois das festas do verán, saíra de contas naquela semana. Por máis que Tonio porfiou, o médico non veu, disque ía nunha convención, na Coruña. Claro está que todo isto Lolo sabíao, en parte, pola avoa, xa que el só contaba 4 anos e medio cando aconteceu. 

martes, 11 de diciembre de 2012

DESDE O LUGAR DA LOBEIRA...


FELIZ NAVIDAD Y PRÓSPERO AÑO NUEVO, Merry Christmas and Happy New Year, BO NADAL E FELIZ ANO, Bon Nadal i pròsper any nou, EGUBERRI ETA URTE BERRI ON, Feliz Natal e Feliz Ano Novo, JOYEUX NOËL ET BONNE ANNÉE, Frohe Weihnachten und Happy New Year, BUON NATALE E FELICE ANNO NUOVO, Prettige Kerstdagen en Gelukkig Nieuwjaar, VESELÉ VÁNOCE A ŠŤASTNÝ NOVÝ ROK, Veselé Vianoce a Šťastný Nový Rok, GLÆDELIG JUL OG GODT NYTÅR, Nadolig Llawen a Blwyddyn Newydd Dda, Счастливого Рождества и Нового Года, ΚΑΛΆ ΧΡΙΣΤΟΎΓΕΝΝΑ ΚΑΙ ΕΥΤΥΧΙΣΜΈΝΟ ΤΟ ΝΈΟ ΈΤΟΣ, Kellemes Karácsonyi Ünnepeket és Boldog Új Évet, NOLLAIG SHONA AGUS ATHBHLIAIN FAOI MHAISE DAOIBH, Gleðileg jól og Hamingjusamur Nýtt Ár, შობა ახალი წელი, חג שמח ושנה טובה, Шчаслівага Калядаў і Новага Года, MERRY CHRISTMAS VE YENI YıLıNıZ KUTLU OLSUN, Щасливого Різдва і Нового Року, GOD JUL OCH GOTT NYTT ÅR, Срећан Божић и Срећна Нова Година, CRĂCIUN FERICIT ȘI UN AN NOU FERICIT, Wesołych Świąt i Szczęśliwego Nowego Roku, GOD JUL OG GODT NYTTÅR, Merry Milied u Sena Ġdida Happy, SELAMAT HARI KRISMAS DAN SELAMAT TAHUN BARU, Среќен Божиќ и Среќна Нова Година, LINKSMŲ KALĖDŲ IR NAUJŲJŲ METŲ, クリスマスと新年のお喜びを申し上げます。, 聖誕之際,祝你心中有首快樂的聖誕和新年快樂, عيد ميلاد سعيد وسنة جديدة سعيدة, 圣诞之际,祝你心中有首快乐的圣诞和新年快乐, मेरी क्रिसमस और नया साल मुबारक हो, Hilarior Natale et Felix Novus Annus. En resumen...



...Os deseamos unas Felices Fiestas a tod@s desde A Lobeira.

jueves, 6 de diciembre de 2012

A SOMBRA...


             -- Fuá! Sempre o mesmo! Sempre me toca a min!
Esta era a cantinela que pregoaba Lolo cada día cando, ó caer a noitiña lle tocaba sair da casa para ires pechar a porta do garaxe. E non era por nada. As queixas comezaron unha tarde de finais de novembro. Eran arredor das 8 da tarde, nesas datas noite pecha xa, e Lolo, coma todalas tardes saiu pechar o gran portón de ferro e chapa que protexía do vento, da xeada e da choiva o tractor, as alpacas de herba seca e maila leña. Aquel día anunciaran no parte que, chover non ía chover, pero viña unha vaga de frío polar e que ía aventar “de lo lindo”.