Isto é a transcrición do vídeo que veño de publicar na miña canle de YouTube e ao cal podedes acceder aquí abaixo:
"Moi boas Lobeiristas. Hai un tempo lin por aí un artigo que poñía coma exemplo de canles que fan entrevistas a de Olaxonmario e a esta vosa canle, A Lobeira today. Son estes dous acaso os únicos exponentes das entrevistas na nosa lingua? Por suposto que non. Se o que che pirran son as entrevistas, o vídeo de hoxe é para ti. Ao rematar o vídeo coñecerás 16 canles que fan entrevistas a todo tipo de persoas…
Primeiro de nada dicirche que este é o primeiro duns cantos vídeos temáticos que pretenden darche a coñecer todo o abano de canles existentes na nosa lingua que eu coñezo, os cales ás veces vense silenciados polo poder mediático de canles maiores. Tódas as ligazóns das canles mencionadas hoxe telas na descripción do vídeo e tamén na entrada do blog que pretendo poñer ao mesmo tempo.
A parte de canles con unha soa entrevista, as que pretendo presentarvos noutro destes vídeos, coido que a primeira das canles é desas que cando as descobres non rematas de entender por que non teñen máis subscripcions, trátase de Fillos da Afouteza, unha Canle nada durante a corentena para manter viva a lembranza do traballo das persoas vinculadas á nosa cultura… podedes atopar máis de 20 entrevistas de curta e media duración con persoeiros vinculados á literatura, música, teatro, cinema e televisión galegas aos que califica Fillos da Afouteza. Esta canle tamén está presente en Instagram e mais en Twitter.
Moradito é outra das canles que colga entrevistas. Neste caso cun estilo propio moi acorde co nome da Canle… Á data de creación deste vídeo, dispón de 13 entrevistas de entre 5 e 15 minutos.
Xente de a pé é unha Canle formada por Aniceto Alcaparra, Mari Pili e Policleto lo Calza, tres rapaces que ao máis puro estilo xornalístico de investigación, fan entrevistas temáticas, centradas no tema que tratan e explican e non na persoa á que entrevistan, cun estilo moi fresco e ameno e con un moi bo ritmo. Contan con 6 vídeos de entre 4 e 6 minutos e dende A Lobeira agardamos que sigan a xerar este tipo de contido.
Continuamos cun grupo de mozos que decide, durante o seu segundo ano de bacharelato, constituirse nun colectivo co obxectivo de elevar a identidade e a cultura galega até o máis alto, creando a canle GZ_T (Galeguiza_T), que entre outras moitas cousas conta con varias entrevistas moi recomendables, e véñense máis, seica.
Outra das opcións para ver diferentes puntos de vista, neste caso do eido artístico é O Preaplauso, unha iniciativa de Iago Gordillo na que entrevista a xente que vivía dos aplausos e que tras a corentena tiveron que se reinventar. Dispos de 4 entrevistas de arredor de 20 minutos, concretamente ao humorista Pedro Brandariz, a cantautora MJ Pérez, o dúo humorístico Izquierdo Sisters e a Cantautora Silvia Penide.
Claqueta Coqueta é a canle de YouTube onde Rubén Riós colgou a meirande parte das entrevistas que fixo durante o confinamento na súa canle de Instagram. Dispós de 41 entrevistas, a maior parte delas en galego, con persoas relacionadas co eido cultural.
Con 12 fabulosas entrevistas que rondan a media hora sorpréndenos Eladio Lois na súa canle Radio Eladio. Este estudante de xornalismo, apaixoado da música, colga aquí en vídeo as entrevistas que realiza para Radio Ames.
Outras desas canles que non te debes perder se o que che molan son as entrevistas é En3vistas, canle que se adica a facer entrevistas poñendo o foco en diferentes temáticas culturais e sociopolíticas dende unha óptica local. Dispoñen de 12 entrevistas de entre 6 e 52 minutos nos dende hai cinco meses que comezaron a xerar contido.
Se queredes estar ao día do que pensa a peña que se move polo campus da USC, debedes seguir a tomashow, un rapaz que fai entrevistas aos estudantes compostelanos, e amosándonolas na súa canle.
E outra das canles que apostaron polas entrevistas nestes últimos 8 meses foron As Tanxugueiras, que comezaron cos tanxuvermús, logo pasáronse ás conversas con e na actualidade teñen a súa sección Mira unha cousiña… En total suman xa un total de 40 entrevistas de ente media e unha hora.
Así coma os seus compañeiros de gremio, Los Jinetes del Trópico, que dende despois do pasado verán veñen facendo directos en Instagram que despois colgan en YouTube.
E unha das canles máis novas e que máis medrou nos últimos meses, Orgullo Galego, tamén está a publicar entrevistas ben interesantes na súa canle cada semana, a día de hoxe, primeiro terzo de xaneiro, contan con 8 entrevistas moi recomendables e moi completas.
Están tamén a facer entrevistas, ainda que coma parte dun programa máis amplo en formato Podcast Alberto Alvarez e Samuel París na súa canle MBA mal, a cal coñecín grazas á recomendación de Iván Iglesias e Martiño Sorga, artífices do podcast #DeParola na canle do primeiro, Iván Iglesias, e que tamén ameazaron antes de Nadal que ían comezar, en canto se puidera, levar xente para conversar con ela, pero deles falaremos máis a fondo noutro vídeo.
E coma xa dixen ao principio, Olaxonmario tamén é unha das canles referentes nas entrevistas coa súa sección Creadoras Milenials Galegas, ofrécenos cun xeito moi desenfadado, 15 entrevistas de entre 10 e 25 minutos que son ben interesantes, asemade que ten unha entrevista xunto con Aquel-e, con Ana Pontón, lider da oposición en Galiza polo BNG.
Coma curiosidade, tamén podes atopar o que coido que foi a primeira entrevista ASMR, neste caso a Olaxonmario, na canle Cousas RarismASMR.
E por último lembrarvos que nesta Canle, tedes dispoñibles, na lista de reproducción Conversas da Lobeira, 46 entrevistas con Xente máis ou menos famosa, mais que me pareceu moi interesante entrevistar e dar a coñecer…
Agardo che gustase este estilo de vídeo, dos cais chegarán máis. Considera darlle ao gústame e compartilo se así o cres convinte, e nada máis. Vémonos noutra e apertas!"
Isto tentareino facer con tódolos vídeos daquí en diante, máis non prometo nada polo tempo que leva e o xusto que vou del... Apertazas e non dubides en darme o teu punto de vista e pasarme canles que se me puideran escapar para anotalas para futuras actualizacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario