¡Mi ma! Xa pasaron por aquí...

domingo, 7 de marzo de 2021

As 50 do YouTube - FEBREIRO 2021

Velaquí tedes o vídeo da lista das 50 do YouTube de febreiro.


https://youtu.be/7nA4_FSaAVA


E a continuación tedes as 50+5 canles por orde alfabético:


A Lobeira Today https://www.youtube.com/alobeiratoday

A Rabela https://www.youtube.com/channel/UC_uVWEaYdNW5rBLJNmaQygQ/videos

Adrián do Regenco https://www.youtube.com/channel/UCyLskIgRSq_giMrHgac_SQQ/videos

ALBERTO Piñeiro https://www.youtube.com/channel/UCqBtEGyjQLJsqEqWZ7TnsSQ/videos

Abal e Boo https://www.youtube.com/channel/UCDhfQB4yNDt090m7N_GGqdQ/videos

Anxo Sánchez https://youtube.com/c/AnxoS%C3%A1nchez

Baia https://youtube.com/channel/UC5M6raxP3euDNH8CZr2B2Nw

Baia Adestradora emocional e da risa https://youtube.com/channel/UCEtWpXL7Il2204wduQxLv5g

Brais Doval  https://www.youtube.com/c/BraisDoval/videos

Canal Artai https://www.youtube.com/channel/UCrlqAglgHp1bAEAkPHmw2kg/videos

Carlos Callón https://www.youtube.com/c/CarlosCall%C3%B3n/videos

COMUNDOAVOLTAS https://www.youtube.com/c/COMUNDOAVOLTAS/videos

Cousas RarismASMR https://youtube.com/channel/UC59LurczeXkyHRdBkkAePTg

Cousxs https://www.youtube.com/channel/UCiVIO1EwXrM-nH2AQnlJ5HA/videos

Enxebre games https://www.youtube.com/channel/UC_LhiT7Zg0-alZiDLJ4lSig/videos

Fica coa Bola https://www.youtube.com/channel/UCbDtck2U0zghve0ZMuHV2dQ/videos

Galiza en pé https://www.youtube.com/channel/UCslCRGVK4WAHDTGh0ZripYw/videos

Grupo San Roquiño https://youtube.com/channel/UCubSNG0OnCnAuxubFsz5cWg

Guido Guía https://youtube.com/channel/UCNUNVvJVnqoRSLpJCwWSJ9A/videos

GZMúsica https://www.youtube.com/c/GZmusica/videos

Iván Iglesias https://www.youtube.com/c/Iv%C3%A1nIglesiasIglesias/videos

La bisonte https://www.youtube.com/channel/UCMZYGnHmHA7QMivPj0oZaug/videos

Malöserá https://www.youtube.com/channel/UCeS2MubSloTtY0Szq7i6uzg/videos

Marcote1D20-Pentamaster (rol) https://www.youtube.com/user/xosemarcote/videos

MATARÍA Microserie https://www.youtube.com/channel/UC-q5d4BTY3BM5ALLMUcINtw/videos

MBA MAL PODCAST https://www.youtube.com/channel/UCgKg2cDI9GCxd-dHMBPMv2w/videos

Mira Quen Fala Galego https://www.youtube.com/channel/UCzl3jvhyLbmrfBx8-WZG7PA/videos

MoisésPombo https://www.youtube.com/c/Mois%C3%A9sPombo/videos

neeumatiko https://youtube.com/channel/UClZ-fWAY2dGzcKXBW5HmlLA

Non Vale Furar YT https://youtube.com/channel/UCdB4vQ6e70iiX9OdJ8t--ww

Nubes Baixo Ti https://youtube.com/c/NubesBaixoti

Nuria Espasandín https://www.youtube.com/channel/UCic_6Bztqjpa5p71bvH1fSg/videos

O Galego Mola https://www.youtube.com/channel/UC2hIn2Sf80JEld87ZdEUKaQ/videos

O JATO KOSMIKO https://www.youtube.com/channel/UCHKdwL5l3s_AZczeC4ua_eA/videos

Olaxonmario https://youtube.com/c/olaxonmario

Orgullo Galego https://www.youtube.com/c/OrgulloGalego/videos

Pablo Rodríguez Vila https://www.youtube.com/c/PabloRodr%C3%ADguezvila/videos

Pedro Brandariz https://www.youtube.com/user/pedrodesanpedro/videos

Pilar Ponte - A Profa https://www.youtube.com/c/pilarponte/videos

pradorua https://www.youtube.com/channel/UCN7yhe8d0CNj6KdlIkWT9kg/videos

Recuncho Gamer https://www.youtube.com/channel/UCqbohZKRrOTtvsR2H1Qjwig/videos

Roi da Costa https://youtube.com/channel/UCmCtxh-g3K4iKnf80TFFIkA

Shiah https://www.youtube.com/channel/UCtBwqtJXTpBJburBI-2RQ-w/videos

Sociedade antropolóxica de Galicia https://www.youtube.com/user/AVIDEOSAGA1/videos

Tanxugueiras https://youtube.com/c/Tanxugueiras

Tele Jaita https://www.youtube.com/c/TeleJaita/videos

tomashow https://www.youtube.com/channel/UCzA_OSk-ZHtyvInhsVretdg/videos

TOXÍO https://www.youtube.com/channel/UCirenQprE-itZVkd9EGOP4Q/videos

TradiGaita https://www.youtube.com/c/TradiGaita/videos

Tronco Parlante https://www.youtube.com/channel/UCXvnUIwoe3J9GjgB6GOXyWg/videos

TURVEGAL GALICIA https://www.youtube.com/channel/UCkOY3UFFbrcZMTKZNUEVKyw/videos

Un rapa transquilo https://www.youtube.com/channel/UC6-Bv4wAeqG0fosD0DH8HHw/videos

Xabier Díaz https://www.youtube.com/channel/UCVCaIP9Tut9ZB4Fc5aUyfIA/videos

Xabier Jácome https://www.youtube.com/channel/UCJfRAkMuDb04NqaOk7btT8Q/videos

Xacobo de Toro Cacharrón https://youtube.com/c/XacobodeToroCacharr%C3%B3n


domingo, 7 de febrero de 2021

As 50 do YouTube - Xaneiro 21


Nova lista mensual, mais desta volta, só aparecen nela as canles que publicaron contido durante o mes de xaneiro e que cumplen o resto de regras que xa viñan sendo habituais. Todo isto tereino que explicar nun vídeo máis adiante, pero polo de agora, a groso modo, é así.

As canles que están en lista desta volta e as ligazóns ás mesmas, son as seguintes:

A Lobeira Today https://www.youtube.com/alobeiratoday

A Rabela https://www.youtube.com/channel/UC_uVWEaYdNW5rBLJNmaQygQ/videos

A Xanela Audiovisual https://youtube.com/channel/UCbKvTtinNNnPnqGH67FzEpw

Abal e Boo https://www.youtube.com/channel/UCDhfQB4yNDt090m7N_GGqdQ/videos

Adrián do Regenco https://www.youtube.com/channel/UCyLskIgRSq_giMrHgac_SQQ/videos

Adrienone https://www.youtube.com/c/adrienone/videos

ALBERTO Piñeiro https://www.youtube.com/channel/UCqBtEGyjQLJsqEqWZ7TnsSQ/videos

Anton Caeiro https://youtube.com/user/antonxxl

Baia https://youtube.com/channel/UC5M6raxP3euDNH8CZr2B2Nw

Ben feito https://www.youtube.com/channel/UCRq6ZKa2cwFiz-3YmpNDLLg/videos

Brais Doval  https://www.youtube.com/c/BraisDoval/videos

Campo Galego https://www.youtube.com/channel/UC2QVW2dUo0uYG1W5AVumndw/videos

Canal Artai https://www.youtube.com/channel/UCrlqAglgHp1bAEAkPHmw2kg/videos

Carmela Cela https://youtube.com/channel/UCcdCDPoZxP-bdDXXwf8id2w

Cesar Galdo https://www.youtube.com/user/naraio/videos

COMUNDOAVOLTAS https://www.youtube.com/c/COMUNDOAVOLTAS/videos

Cousxs https://www.youtube.com/channel/UCiVIO1EwXrM-nH2AQnlJ5HA/videos

Culturactiva https://www.youtube.com/user/Culturactiva/videos

EDUClip https://youtube.com/channel/UCnxmb9_9bBoG4u_FghOcZTA

Enxebre games https://www.youtube.com/channel/UC_LhiT7Zg0-alZiDLJ4lSig/videos

Fica coa Bola https://www.youtube.com/channel/UCbDtck2U0zghve0ZMuHV2dQ/videos

Galician Gamer https://www.youtube.com/channel/UCekrsnpj0-Wp84Hfk00SRMQ/videos

Galiza en pé https://www.youtube.com/channel/UCslCRGVK4WAHDTGh0ZripYw/videos

Grupo San Roquiño https://youtube.com/channel/UCubSNG0OnCnAuxubFsz5cWg

GZ_T https://youtube.com/channel/UC_2fxLCUhFx-iANSc_Rkrow

GZMúsica https://www.youtube.com/c/GZmusica/videos

Iván Iglesias https://www.youtube.com/c/Iv%C3%A1nIglesiasIglesias/videos

La bisonte https://www.youtube.com/channel/UCMZYGnHmHA7QMivPj0oZaug/videos

Los Jinetes del Trópico https://www.youtube.com/c/LosJinetesDelTr%C3%B3pico/videos

Malöserá https://www.youtube.com/channel/UCeS2MubSloTtY0Szq7i6uzg/videos

MATARÍA Microserie https://www.youtube.com/channel/UC-q5d4BTY3BM5ALLMUcINtw/videos

MBA MAL PODCAST https://www.youtube.com/channel/UCgKg2cDI9GCxd-dHMBPMv2w/videos

Mira Quen Fala Galego https://www.youtube.com/channel/UCzl3jvhyLbmrfBx8-WZG7PA/videos

MoisésPombo https://www.youtube.com/c/Mois%C3%A9sPombo/videos

Naturiza https://youtube.com/channel/UC3fixcrrxh_dTRtibMQYYlw

neeumatiko https://youtube.com/channel/UClZ-fWAY2dGzcKXBW5HmlLA

Non Vale Furar YT https://youtube.com/channel/UCdB4vQ6e70iiX9OdJ8t--ww

Nubes Baixo Ti https://youtube.com/c/NubesBaixoti

O JATO KOSMIKO https://www.youtube.com/channel/UCHKdwL5l3s_AZczeC4ua_eA/videos

Olaxonmario https://youtube.com/c/olaxonmario

Orgullo Galego https://www.youtube.com/c/OrgulloGalego/videos

Pablo Rodríguez Vila https://www.youtube.com/c/PabloRodr%C3%ADguezvila/videos

Pedro Brandariz https://www.youtube.com/user/pedrodesanpedro/videos

pradorua https://www.youtube.com/channel/UCN7yhe8d0CNj6KdlIkWT9kg/videos

Recuncho Gamer https://www.youtube.com/channel/UCqbohZKRrOTtvsR2H1Qjwig/videos

Roi da Costa https://youtube.com/channel/UCmCtxh-g3K4iKnf80TFFIkA

Shiah https://www.youtube.com/channel/UCtBwqtJXTpBJburBI-2RQ-w/videos

tomashow https://www.youtube.com/channel/UCzA_OSk-ZHtyvInhsVretdg/videos

TOXÍO https://www.youtube.com/channel/UCirenQprE-itZVkd9EGOP4Q/videos

Un rapa transquilo https://www.youtube.com/channel/UC6-Bv4wAeqG0fosD0DH8HHw/videos

urdimevideos https://www.youtube.com/user/urdimevideos/videos

Vídeos Bos https://youtube.com/c/V%C3%ADdeosBos

Xabier Díaz https://www.youtube.com/channel/UCVCaIP9Tut9ZB4Fc5aUyfIA/videos

Xabier Jácome https://www.youtube.com/channel/UCJfRAkMuDb04NqaOk7btT8Q/videos

Xosé Iglesias.Cantiga de Leviatán https://www.youtube.com/user/primerovillar/videos

jueves, 14 de enero de 2021

16 CANLES DE YOUTUBE QUE FAN ENTREVISTAS.

Isto é a transcrición do vídeo que veño de publicar na miña canle de YouTube e ao cal podedes acceder aquí abaixo:

"Moi boas Lobeiristas. Hai un tempo lin por aí un artigo que poñía coma exemplo de canles que fan entrevistas a de Olaxonmario e a esta vosa canle, A Lobeira today. Son estes dous acaso os únicos exponentes das entrevistas na nosa lingua? Por suposto que non. Se o que che pirran son as entrevistas, o vídeo de hoxe é para ti. Ao rematar o vídeo coñecerás 16 canles que fan entrevistas a todo tipo de persoas…


Primeiro de nada dicirche que este é o primeiro duns cantos vídeos temáticos que pretenden darche a coñecer todo o abano de canles existentes na nosa lingua que eu coñezo, os cales ás veces vense silenciados polo poder mediático de canles maiores. Tódas as ligazóns das canles mencionadas hoxe telas na descripción do vídeo e tamén na entrada do blog que pretendo poñer ao mesmo tempo.


A parte de canles con unha soa entrevista, as que pretendo presentarvos noutro destes vídeos, coido que a primeira das canles é desas que cando as descobres non rematas de entender por que non teñen máis subscripcions, trátase de Fillos da Afouteza, unha Canle nada durante a corentena para manter viva a lembranza do traballo das persoas vinculadas á nosa cultura… podedes atopar máis de 20 entrevistas de curta e media duración con persoeiros vinculados á literatura, música, teatro, cinema e televisión galegas aos que califica Fillos da Afouteza. Esta canle tamén está presente en Instagram e mais en Twitter.


Moradito é outra das canles que colga entrevistas. Neste caso cun estilo propio moi acorde co nome da Canle… Á data de creación deste vídeo, dispón de 13 entrevistas de entre 5 e 15 minutos.


Xente de a pé é unha Canle formada por Aniceto Alcaparra, Mari Pili e Policleto lo Calza, tres rapaces que ao máis puro estilo xornalístico de investigación, fan entrevistas temáticas, centradas no tema que tratan e explican e non na persoa á que entrevistan, cun estilo moi fresco e ameno e con un moi bo ritmo. Contan con 6 vídeos de entre 4 e 6 minutos e dende A Lobeira agardamos que sigan a xerar este tipo de contido.


Continuamos cun grupo de mozos que decide, durante o seu segundo ano de bacharelato, constituirse nun colectivo co obxectivo de elevar a identidade e a cultura galega até o máis alto, creando a canle GZ_T (Galeguiza_T), que entre outras moitas cousas conta con varias entrevistas moi recomendables, e véñense máis, seica.


Outra das opcións para ver diferentes puntos de vista, neste caso do eido artístico é O Preaplauso, unha iniciativa de Iago Gordillo na que entrevista a xente que vivía dos aplausos e que tras a corentena tiveron que se reinventar. Dispos de 4 entrevistas de arredor de 20 minutos, concretamente ao humorista Pedro Brandariz, a cantautora MJ Pérez, o dúo humorístico Izquierdo Sisters e a Cantautora Silvia Penide.


Claqueta Coqueta é a canle de YouTube onde Rubén Riós colgou a meirande parte das entrevistas que fixo durante o confinamento na súa canle de Instagram. Dispós de 41 entrevistas, a maior parte delas en galego, con persoas relacionadas co eido cultural.


Con 12 fabulosas entrevistas que rondan a media hora sorpréndenos Eladio Lois na súa canle Radio Eladio. Este estudante de xornalismo, apaixoado da música, colga aquí en vídeo as entrevistas que realiza para Radio Ames.


Outras desas canles que non te debes perder se o que che molan son as entrevistas é En3vistas, canle que se adica a facer entrevistas poñendo o foco en diferentes temáticas culturais e sociopolíticas dende unha óptica local. Dispoñen de 12 entrevistas de entre 6 e 52 minutos nos dende hai cinco meses que comezaron a xerar contido.


Se queredes estar ao día do que pensa a peña que se move polo campus da USC, debedes seguir a tomashow, un rapaz que fai entrevistas aos estudantes compostelanos, e amosándonolas na súa canle.



E outra das canles que apostaron polas entrevistas nestes últimos 8 meses foron As Tanxugueiras, que comezaron cos tanxuvermús, logo pasáronse ás conversas con e na actualidade teñen a súa sección Mira unha cousiña… En total suman xa un total de 40 entrevistas de ente media e unha hora.


Así coma os seus compañeiros de gremio, Los Jinetes del Trópico, que dende despois do pasado verán veñen facendo directos en Instagram que despois colgan en YouTube.


E unha das canles máis novas e que máis medrou nos últimos meses, Orgullo Galego, tamén está a publicar entrevistas ben interesantes na súa canle cada semana, a día de hoxe, primeiro terzo de xaneiro, contan con 8 entrevistas moi recomendables e moi completas.


Están tamén a facer entrevistas, ainda que coma parte dun programa máis amplo en formato Podcast Alberto Alvarez e Samuel París na súa canle MBA mal, a cal coñecín grazas á recomendación de Iván Iglesias e Martiño Sorga, artífices do podcast #DeParola na canle do primeiro, Iván Iglesias, e que tamén ameazaron antes de Nadal que ían comezar, en canto se puidera, levar xente para conversar con ela, pero deles falaremos máis a fondo noutro vídeo.


E coma xa dixen ao principio, Olaxonmario tamén é unha das canles referentes nas entrevistas coa súa sección Creadoras Milenials Galegas, ofrécenos cun xeito moi desenfadado, 15 entrevistas de entre 10 e 25 minutos que son ben interesantes, asemade que ten unha entrevista xunto con Aquel-e, con Ana Pontón, lider da oposición en Galiza polo BNG.


Coma curiosidade, tamén podes atopar o que coido que foi a primeira entrevista ASMR, neste caso a Olaxonmario, na canle Cousas RarismASMR.


E por último lembrarvos que nesta Canle, tedes dispoñibles, na lista de reproducción Conversas da Lobeira, 46 entrevistas con Xente máis ou menos famosa, mais que me pareceu moi interesante entrevistar e dar a coñecer…


Agardo che gustase este estilo de vídeo, dos cais chegarán máis. Considera darlle ao gústame e compartilo se así o cres convinte, e nada máis. Vémonos noutra e apertas!"


Isto tentareino facer con tódolos vídeos daquí en diante, máis non prometo nada polo tempo que leva e o xusto que vou del... Apertazas e non dubides en darme o teu punto de vista e pasarme canles que se me puideran escapar para anotalas para futuras actualizacións.

jueves, 19 de noviembre de 2020

O meu Mundo

Aparece de súpeto unha man cunha bolacha das tipo María, por entre a abertura, ofrécema. Deste xeito e non doutro entra no meu mundo. Cólloa e cómoa, tralo cal, a mesma man ofréceme un café con leite. Pregunto se ten azucre e ante a afirmación da voz grave e “salivosa” que ten a man, tomoo, non sen antes lle soplar. A voz pregunta algo, imaxino o que quere. Busco no peto da miña camisa e noto algo duro. Coido que… Cona, unha bala de 9 mm! Ostia, onte o meu Mr. Hyde pasouse un peliño, pero é parte de min, que lle vou facer? Penso que estaría ben, para a resaca, tomar un bocadillo de B-12’s. Poño os zapatos novos, consciente de que o que non podo facer é poñer zapatos de inverno en verano, e viceversa, porque… e logo no inverno que zapatos has poñer? De súpeto unha néboa branca o cubre todo.

Atópome preparando un café só e cargado, tan cargado que a culler mantense completamente vertical, así é coma me gusta. Poño unhas torradas na torradora e vou ao baño, que me gusta lavala cara e botar deshodorante, así coma a cremiña hidratante, que son eu moi agrosexual. Pero… Vaia por Deus! O fax que me entrou, avisando de que chegaba un pedido, puña só líquido e estaba errado, tamén viña sólido. Sento no retrete e márcome un “strike”, termo escatolóxico que para os non iniciados é cando toca auga sen soltarse dun. Por esta razón, cando chego para quitar as torradas só queda unha posibilidade, botarller after sun.

Co café e as novas torradas póñome diante da televisión. Tras dez minutos buscando o mando, incluso invocándoo, actio mando, atópoo entre os coxíns talle XXL. Son tan grandes que se poñes catro no sofá, tes que sentar no chan. Parecen Puff’s mais que coxíns. Encendo a caixa tonta e poño as novas. Mariano Oscuro, coa súa lugartenente Cospedal Vader, servíndose de todolos seus clons, voltaron tramar un golpe de estado á República Independente da miña casa. Que forte! En Noruega, e en pleno verán, xéase un Friordo. Vaia tela, a nova! Non hai nada máis para poñer. Nos deportes falan do campionato de vela que está a piques de comezar no porto de valencia e visualízome chegando alí cun cubo cheo de garavanzos e un cirio prendido e cravado neles, tapando a chama coa man esquerda para que nos se apague, ao mesmo tempo que son observado polos regatistas de chaqueta Slam e gafas Oakley, e preguntando: é aquí o campeonato de “vela” (sei que é candea, pero é o que ten ser neofalante)?

Sempre se me vai a tarteira cando é a hora. Apago a tele, collo a chave; seguro que esquezo algo. Diríxome ao garaxe. Aquí na Lobeira, alivia saber que o que lle puxo o nome, ou llo puxo hai moito, pero que moito tempo, ou llo puxo ao sair do ban despois dunha maratón de licorkas e confundiu lobos con ghatos. O mesmo era curmán ou descendente do que bautizou o Mar Vermello, que en realidade e verde. Estouno a imaxinar, estaría de viños, mirou a través da copa de barrantes e ala! Imoslle chamar Mar Vermello.

Outra vez! Non me para a cachola!Prendo o motor do coche… Merda! Xa voltei esquecer sacala carne para o xantar do conxelador. Apago o coche, baixo e vou de novo para casa. Hoxe chego tarde seguro. Abro o arcón… hoxe tocaba…? Coello! Que dígovos unha cousa, a min ao coello, ademais de allo, perexil e romeu, gústame engadirlle Nice Tomiño!! (en castelán é Nice Tomillo).

Chego á oficina. Un compañeiro coméntamen de como ía o sábado. Xa comezamos! Eu só! Que ti fuche á biblioteca a estudar! A miña oficina e peculiar onde as haxa, e cargada de unha morea de xente, a cada cal máis especial e variopinta, como o “frouxo” da sección de Polipastos, que nunca fai nada e que según outro, do departamento de Prenotilos, cada vez que traballa escrebe un libro titulado “O día que traballei”. Ou como un moi cagado, que cada vez que lle bota collóns a alguén, non un senon un bando de corvos brancos nacen e sobrevoan a cidade. Aquí, os meus xefes, están a punto de patentar o Brown Spinning, xa que os marróns centrifúganse para así chegar e “iluminar a existencia” a todo o mundo.

Aquí, os ordenadores, se non están ben limpos, poden fallar; en serio! Un antigo xefe chegou a dicirme “Como vas sacarme as contas se tes a pantalla chea de dedos? Que grande! Un visionario laboral! En que cachola cabe? E aquí non padeces estrinximento, non… aquí tes “o vasieiro atascado”; e se o que tes é o colesterol alto, tes “atascados os cañeiros”. O de mantemento, que entre outras cousas encende e apaga a caldeira, despois de todo un día traballando ao lado dela acendida, diche que estaba “aquí, ao fresquiño”. É pois logo unha oficina peculiar esta, na que chamas burro a un compañeiro e logo, dando un golpe nos beizos dis “que dis? Ma-la! Boca mala!” ou onde, cando un se abaixa, non falta outro que lle diga “que cú de xitana se che está a quedar” ou que lle dea un golpe coa pelve no cú dicíndolle “vaia piso que che puxen”. Somos así, e non temos que facerlle… outra vez esta puñeteira néboa…

Estou saindo do traballo e diríxome cara a casa. Vou pola autovía e pasa un Socio Colaborador do Centro de Renovación da Garda Civil de Tráfico, si ho! Un destes membros do Clube de Amigos da Zona Vermella, polo de que a agulla do contavoltas vai sempre na zona vermella; vai pisándolle ao Renault Laguna e comezo a pensar na ostia que se vai meter imaxinando a nova na prensa: “Renault Twingo colide contra torre de alta tensión e tumba 18 eucaliptos tras perder o control do vehículo no que viaxaba. Todo apunta a un exceso de velocidade”. E de confianza, tremenda ostia contra a “colunita”, que diría un compañeiro. “Recuperados os papeis do vehículo tras excarcelar ao defunto conductor, compróbase que se trataba de unha berlina modelo Laguna, e non dun coche compacto coma se creía nun inicio… Nestas estou cando chego á casa.

Que ben cheira! Hoxe xanto, tomo un café, collo a herba e logo xoga a selección, o que me lembra aquela vez que vendo un partido cos compañeiros, un comezou a facer dobraxe do que falaban os xogadores no momento que Albelda fixo unha entrada brutal a un xogador rival ao saltaren os dous a un tempo a por un balón alto, e ao levantarse dicía “O meu casco, o meu casco, onde está o meu casco?” e aparecía Pujol e dicíalle “Non, Albelda, non! Isto é futbol do europeo non do americano.

A miña muller volta poñer unha das series que adoitamos ver xusto no momento no que eu ía por auga á cociña. Calo a boca porque coma diga algo a discusión rematará cun “Amais ti non estabas”, coma é costume. Non me gusta esa faceta dictatorial súa. Trala serie, namentres frego, xa que por acordo contractual o que cociña non frega, decide marchar a poñer unha lavadora. Aproveito o momento para poñer a 2, a canle para a inmensa minoría. Ñus na sabana, non me digas máis! Van chegar ao río Zambeze, ese gran descoñecido, ninguén sabe o que pasa máis aló do río Zambezzz…

A muller espértame, non sen traballo, cando comeza o partido. Máxima rivalidade pero non se xoghan nada. Unha entrada a Iniesta recén me lembra os esvaróns que vai ofrecendo un que eu sei cando se pasa coas tónicas vitaminadas ou cos zumes de uva fermentada provintes da Rioja, ou unha mega ostia que se da Bruce Willys nun momento da película Xungla de Cristal 4.0, que según meu cuñado, non doe, “Picaaa!” O que tamén acontece cando alguén, por exemplo un mesmo, leva a ostia da súa vida, na súa moto de menos dun ano ao entrar pensando en sabe Deus que cousa nunha curva. Si irmán, PICAAA!! Entón penso na partida de cascos para galiñas que teño que pedir na cooperativa para agasallarllelos ao dono da casa daquela curva, que me axudou a erguer a moto e sempre ten as galiñas ceibas por alí sen protección algunha. Un detalliño sen importancia que ben mo merece. Amais que as galiñas xa me miran raro, coma desconfiando cando paso por alí.

En fin, España gañou de novo. Anuncios. Cando estou a punto de apagar a televisión, outro anuncio podre, é outro accesorio inútil da Geluquita, si, a gata branca sarnosa con lazo vermello. Que é esta vez? Que aspecto vital da vida dunha nena queda por cubrir? Quizais o satisfyer de Geluquita? Para ampliar así o rango de idades aos que afecta a febre da fodida ghata? Si, coma se diría aquí no meu mundo, desta volta “afilei a navalla”. Quero dicir, que apliquei a miña característica e peculiar retranca. Cando as afiadas son moi consecutivas pódese contemplar darlle un puntiño de soldadura á navalla, para que non se peche entre puñalada e puñalada.

Cea e para cama, dúrmo e abandoo este mundo, o meu mundo, á vez peculiar e raro, extrano para algúns e mesmo complexo e retorcidamente enrevesado para outros, e desordeado, moi desordeado. No que cando solto calquera destas ocurrencias, non estou tolo senon que alguén me di un “ti non vaias mirar iso que tes, que é unha pena” ou un “como estás da cabeciña, non che para nada”.

Que feliz son, carallo! E que retranqueiro!


jueves, 7 de mayo de 2020

As 50 canles de YouTube en GALEGO máis populares e activas

Comeza hoxe un novo proxecto na canle de YouTube, pois xa que os medios informativos, é dicir, televisión, radio ou periódicos (sexan estes en liña ou en papel) non están pola labor de se documentar ben no tocante aos creadores de contido audiovisual para o YouTube que apostan polo GALEGO como motor comunicativo, decidín levar a cabo un pequeno estudo, non carente de fallos, estou seguro, pero coa mellor intención que puiden, para elaborar posteriormente unha listaxe, ao máis puro estilo radiofónico, das 50 canles do YouTube en GALEGO que manteñen a súa actividade.

As 50 do Youtube GALEGO, constitúese nun proxecto ilusionante que agardo sexa de utilidade a moita xente que non sabe por onde comezar á hora de buscar contidos na nosa lingua no YouTube e noutras Redes Sociais. Pretende ser unha lista permanente e de consulta das 50 canles que apostan polo GALEGO como lingua, ordeadas según o seu número de subscriptores, ou como eu adoito dicir, seareiros; sendo a nº 1 a que máis subscriptores ten e a nº 50 a que menos. E tendo en conta 3 ou 4 canles que poderían optar a entrar na lista, comentadas na sección Entradas.

Dende hoxe tes dispoñible o video da lista na miña canle de YouTube, nesta ligazón:

https://youtu.be/Cc9IFugDGjw

OLLO!! Nesta listaxe non teñen cabida as seguintes canles:
  • Canles que teñen máis contido en castelán que en GALEGO. Se o 75% dos vídeos publicados no último mes non están en galego, non entrará en lista, ou sairá dela se é que xa estaba.
  • Canles que non teñan ningún vídeo publicado no mes completo anterior.
  • As canles de partidos políticos ou relacionadas con política.
  • As canles de organizacións oficiais ou gobernamentais.
  • As canles de colexios, institutos ou centros de ensino.
  • As canles cuxos vídeos sexan somentes musicais ou con contido de terceiros (extractos de programas de tv e similares)
  • As canles de medios de comunicación, é dicir, televisións, xornais, radios.

Dado que esta lista é elaborada coa mellor das intencións, se nalgún momento ves que falta algunha canle que cumpla os requisitos ou sobra algunha porque non os cumple, COLABORA!, podes notificarmo nos comentarios desta entrada, no meu enderezo electrónico, ou en calquera das miñas redes sociais (facebookInstagram ou twitter) estarei encantado de mencionarte como COLABORADOR na seguinte lista que confeccione.

E sen máis déixote por aquí abaixo, por se eres máis de ler que de ver vídeos, a LISTAXE por orde alfabético de "As 50 do YouTube" en GALEGO correspondente a Maio do 2020: