jueves, 6 de diciembre de 2012

A SOMBRA...


             -- Fuá! Sempre o mesmo! Sempre me toca a min!
Esta era a cantinela que pregoaba Lolo cada día cando, ó caer a noitiña lle tocaba sair da casa para ires pechar a porta do garaxe. E non era por nada. As queixas comezaron unha tarde de finais de novembro. Eran arredor das 8 da tarde, nesas datas noite pecha xa, e Lolo, coma todalas tardes saiu pechar o gran portón de ferro e chapa que protexía do vento, da xeada e da choiva o tractor, as alpacas de herba seca e maila leña. Aquel día anunciaran no parte que, chover non ía chover, pero viña unha vaga de frío polar e que ía aventar “de lo lindo”.
Lolo, como adoitaba facer, puxo a bata e mailas zocas e saliu paseniño cara ó garaxe, que estaba tal como se saía da casa, á esquerda, a uns 15 metros da porta. Unha casa de labranza de máis de 100 anos que non se conservaba nada mal. Ese día non se oían mais que as copas dos “alcolitros”, como decía a avoa, moverse tolas có vento. A casa de Lolo estaba situada no fondo dun val, no Lugar de Vellamorta, pertencente á parroquia de Monte, concello de San Sadurniño.
Un lugar tan bonito como inhóspito. Non eran mais que tres familias no lugar e as casas distaban unhas das outras aredor de un kilómetro, ou kilómetro e medio. Lolo nunca o medira. O caso e que, aquel serán Xosé o da Tesa, andivera a recolle-los años e mais as ovellas cedo, porque disque en noites así, andaba o lobo con fame e que non fora se-lo demo… Lolo non vira nunca o lobo, e máis, dudaba de que no lugar existisen…
O portón tiña dúas follas, unha delas, a da esquerda, amarraba ó teito e ó chan con dous pechos de ferro. Lolo estaba rematando de pasa-lo pecho de abaixo cando, polo rabiño do ollo dereito veu unha sombra, como a uns 15 ou 20 metros. Tentou autoconvencerse de que so fora froito da súa imaxinación, pero cando se incorporou para dirixirse a quitarlle o cepo á folla da dereita para pechala, fronte a el a noite volveuse mover e dúas luces minúsculas campaneaban de lado a lado e por veces desaparecían e voltaban aparecer, coma se dun par de candeas se tratase. Se non fora porque a sombra se movía a escasos 20 metros del, diría que as candeas eran Pepe de Sindo e mais o fillo de Xosé o da Tesa, que viñan da do Coval un tanto peneques e cós candís acesos nas mans. De súpeto enmudeceu o vento e Lolo puido escoitar o que parecía a respiración dun animal grande diante del. Nese momento, sinteu medo. Era sabido por todo-los vecinos, que a Lolo, dende que lle morderá o can de Sindo, non lle chistaban moito os cans. Pero por máis que quixera autoenganarse, algo lle decía a Lolo que aquilo nen sequera era un can. Demasiado lento respiraba para ser un can. Asustado e sen darlle a espalda á sombra na que os lumieiros agora estaban quedos  e fixos nel, rematou de pechá la porta e unha vez rematou, nun alarde de valentía, berrou “Pasaaa”.
Nada. So un leve movemento das luces cara abaixo á esquerda e volta ó frente. Lolo berrou por seu pai, para ver se cun tiro da de cartuchos, liscaba. Ninguén respostou. Agora lembraba que seu pai, estaba na corte ordeñando as vacas e a súa nai, na ducha axudando á avoa. Agachouse e colleu unha pedra do camiño, alzando a man, guindoulla á sombra e de súpeto, oiu o raspar dunhas uñas como de can na area do camiño, como bulindo de alí. As luces apareceron de novo, pero mais lonxe, no medio do prado no que seu pai votaba a pacer as vacas. Envalentonado, pero con tódolos pelos do corpo de punta, Lolo voltou coller unha pedra e guindoulla de novo á sombra agora so recoñecible polas duas luces. ¿Atináralle?
  - O demo me abatane se iso non houbo ser o meu primeiro lobo – Pensou Lolo, e entrou na casa branco como unha candea.
(CONTINUARÁ)


collina emprestada da páxina http://elcielodefobos.blogspot.com.es/



No hay comentarios: