¡Mi ma! Xa pasaron por aquí...

domingo, 30 de agosto de 2015

FOISE CO VENTO...


Con este título, en homenaxe á que foi, según me dixeron hoxe fontes non contrastadas, a primeira película dobrada ó galego emitida pola TVG, indícovos que esta entrada que comezades a ler, vai de cine, máis concretamente, do ENCONTRO DE CINEASTAS CHANFAINA LAB 2015 que se vai a celebrar no concello a vindeira fin de seman (4-5-6 de Setembro).

Debido aos xiros que da a miña insignificante, intensa e ás veces itinerante vida, e debido tamén á miña curiosidade insaciable e ás
miñas ganas de saber un pouquiño de todo (a miña nai diciame aprendiz de todo, maestro de nada; pero eu nunca a naide puiden ensinar debido á miña falta de paciencia para iso), vinme metido de cheo, non vou dicir que sin querelo xa que busquei a Manolo e pregunteillo eu mesmo, no Encontro de Cineastas Chanfaina Lab do presente ano. A Dixitalización Forestal e o que ten, abarca moitos campos, incluso os de herba.

Estou nervoso e confuso, branco e negro, frío e quente… A realidade e que non sei ben como me sinto, pero estou últimamente axitado…

Por unha parte estou emocionado e ilusionado (case tanto como as Grecas naquela sua canción), como dixera unha vez Roberto Vilar (https://www.facebook.com/landrobervilar), “a cabeza non para”, e teño mais ideas iniciais que todos os creativos dos anuncios da ONCE xuntos, máis ideas que todolos habitantes deste noso país que neste momento poidan estar arranxando os problemas do mesmo cunha copa na man, en definitiva, mais das que poido abarcar por mor da miña apretada axenda (condicionada moito polo meu horario laboral: o pastoreo e a transhumancia de borrascas eche o que ten), sin esaxerar “nadiña”, debo ter ideas para 213 proxectos, un arriba, un abaixo, ou se me apurades para cen ou douscentos máis. Ditas ideas abarcan xéneros como o terror, a comedia, o drama, a fantasía, o mundo animal e incluso unha mezcla de todos eles… supérame o meu exceso en querer facer e non poder abarcar. Como ás veces digo ás miñas amizades: “fáltame tempo e cartos, que as ganas xa as teño” (Dios nos libre a todos de que me toque un euromillón, que ese día enfermo e non me recupero nunca máis)

Pola outra parte, estou cagado de medo, cós meus órganos xenitais pegadiños ás cordas vocais, debido a que, a pesar da miña falta de vergoña e o meu nulo sentido do ridículo, o pouco sentido común que supera o umbral de tolemia, invítame a darme conta de que xa o título do Encontro, si, si… iso de “Cineastas”, a min persoalmente venme moi grande, diría máis, enorme, xigantesco… ou iso pensó eu.
Si home, e certo que xa non son virxe nisto de gravar e montar, pero diso a cineasta hai un avismo como tres cañons do colorado… ó longo, non ó ancho… Pero que non se diga que o fillo de Marisé se amilana por un sustantivo calquera…

Debido a que me conozo de vello, obrigueime a min mesmo a elexir unha sola desas ideas e levala ata o final, pois se abarco máis do que poido, agóbiome axiña e iso, crédeme, non e bó nin para min nin para os que me rodean. ¿Qué poido facer si eu son so un afeccionado sin mais coñecementos que os aprendidos dos “como se fixo” das pelis que teño na casa e o que me pode chivar San Google cando teño algunha dubida? (ese tamén sabe moito, pero non filtra as tontadas do bon).

Precisamente, e falando do citado Santo (que listo é, seguro que se lle preguntades adiviña ata o que cenei hoxe), buscando consellos e trucos para cineastas afeccionados, encontrei algo que me animou a non autocensurarme e a non dar por mala ninguna iniciativa nin idea. Dicía  o seguinte:

“El mayor obstáculo para los cineastas amateurs es su propio sentimiento de inferioridad vis-à-vis con las producciones profesionales. La propia clasificación “amateur” tiene un timbre apologético (si, meus amigos, eu tamén busquei o que significa esta palabra no diccionario). Pero la propia palabra –del latín “amateur”- “amante” significa alguien que hace algo por amor a la cosa más bien que por razones económicas o por necesidad. Y este es el significado por el cual el cineasta amateur debe tomar su camino. En lugar de envidiar el guión y los escritores de diálogos, los actores entrenados, los equipos elaborados y los sets, los enormes presupuestos de producción de los films profesionales, el amateur debe hacer uso de la gran ventaja que todos los profesionales le envidian, (e agora ven a parte que máis me gusta) llámese libertad –tanto artística como física.”

E por iso pedín prestada unha sony handicam a un compañeiro, xa que a miña vella JVC faleceu por inxestión de auga salada e non era plan de grabar dodo cunha cámara de acción e un “aifon”; por iso teño o script inicial, si e que se chama así á guía inicial do que vou a gravar, onde o vou a gravar e como o vou a gravar; por iso teño grabacións de audio tarareando a melodía do que vai ser a miña banda sonora, na memoria do meu teléfono (a inspiración non entende de lugares, aparece e punto, hai que estar preparado); por iso fabriquei un micrófono binaural con dúas cápsulas electret omnidireccionáis para así xerar un sonido tridimensional para a miña “superproducción”; e por iso xa teño á miña guionista particular, á que quero con locura ainda que non llo pareza (isto serán 1 ou 2 “churripuntos” polo menos), pensando no fio conductor do que vai a ser a primeira curtametraxe producida polos inexistentes e imaxinarios estudios “Seixo Branco” da Lobeira.

O blog Vivo na Lobeira, representado por un servidor, Fran Bermúdez, Franchu para os amigos, Paco para o meu dentista e “cuñao” para @s irmáns da miña muller e o marido da miña cuñada, vai representar a este anaco Noroccidental do concello de San Sadurniño, chamado A Lobeira (inda que según Luís de Vergara, eiquí nunca lobos houbo), o mellor que poida e que saiba, pero iso si, disfrutando e aprendendo coma o neno que foi, é i seguirá sendo.

Olvidabaseme anunciar que tamén tentarei probar, no transcurrir do encontró e o periodo de montaxe, a tan mencionada Chanfaina, que hai anos que vivo neste concello e inda non sei a que sabe…

Por certo, se alguén non entende o galego, que mo diga, que poño traducción, inda que moi normativo non vai o texto.

[continuará…]

No hay comentarios: