¡Mi ma! Xa pasaron por aquí...

domingo, 13 de septiembre de 2015

SETE ANOS…

“Como ha pasado el tiempo, parece que fue ayeeer cuando jugaban…” Así reza o comezo dunha canción de José Luís Perales adicada á sua filla… Pero si, como pasou o tempo. Fai hoxe 7 años, cuns 20 kilos menos e algún que outro pelo máis na fronte, metía presa aos meus pais, cuia puntualidade dista de ser Inglesa, e moito menos Lobeiresa [votar un ollo ao artígo anterior], para non chegar tarde á celebración, onde aquela mesma tarde me uniría en matrimonio coa filla do Panadeiro da Localidade. Tanto fincapé fixen na puntualidade, que cando chegamos, con máis de 20 minutos de
antelación, aínda non chegara case que ninguén e as fotógrafas estaban rematando a colocación da iluminación do evento, e máis, tiven que ir avisar pola porta traseira para que nos abriran pola principal. Niso consiste chegar con puntualidade lobeiresa, en sorprender, como cando chegas a comer a casa de alguén aínda non ten peladas as patacas. Niso.

¡Que día! Todo aquel que non nos coñecía moito, dicíanos que como casabamos un día 13, que o 13 traía mala sorte , que o 13 isto ou o outro ¿O 13 da mala sorte? Non sei a vos, pero a min, polo de agora, ningunha (ata case que se está a converter no meu número favorito…) Antes todo o contrario, poido dicir sen medo a enganarme que os mellores anos da miña vida ata o de agora, están entre o sábado 13 setembro de 2008 e a actualidade.  Pero ao que ía, que divago máis que un político imputado, aquel día, cós seus momentos bos e cós menos bos, xa que considero que non houbo momentos malos, para min foi un día perfecto.

Amencín a primeira hora da mañá, non lembro a hora exacta (que tampouco teño un diario no que anote esas cousas), lembro que despois de ir ultimar detalles, me metín unha ducha de campionato na casa de meus pais en Neda, (pobo no que “pacín” dende que nacín en Ferrol ata que me empadroei no mellor concello do mundo, San Sadurniño, no ano 2006). Ao voltar, aínda que daquela mesmo non me daba conta, xa estaba coma un flan. De feito, por puros nervos, nin sequera comín, e a voda era pola tarde e o convite pola noite, a partires diso das 21 horas. Lembro que estaba axitado, cunha inquedanza rara no corpo, e nin sequera agora sei dicir por qué.

Tras chegar, e pedíndolle mil desculpas ás fotógrafas por chegar con tanta antelación, comezou a chegar a xente.  A miña axitación nin aumentaba nin disminuía. Unha cousa sí que tiña clara, que a miña Lucía non ía chegar tarde.

Ao saír, tras unhas paladas (literalmente falando) de arroz, lentellas e garabanzo “español” ofrecidas por un dos dous mellores cuñados e por un dos mellores primo-cuñados que se poden ter, fomos facer a reportaxe fotográfica.

Que ben o pasei, sigo dicindo que foi unha das miñas partes preferidas. Que si ponte así… fai asá… Móvete para acolá… Todo cojonudo, SALVO, cando me mandaron quitar o anel e collelo con dous dedos, para a través do furado facerme unha foto da cara… O peor minuto da miña, ata daquela recente, vida de casado… Apreteino tanto que ata tiven medo de aboialo. Logo sacamos unha das mellores fotos que recordo, coas amigas da noiva. Foi moi chulo.

Despois das fotos, e coa miña cuñada ao volante, fomos para o convite. Comemos, bebemos, falamos, bicámonos (moito), berramos, rimos e ata houbo quen chorou (pero de alegría, non de pena).

Trala barra libre, que moitos aproveitaron de máis, marchamos cara un “pafeto” cercano ao restaurante, un sitio macanudo para votar o resto. Alí, a base de licor café, ata que se acabou, e crema de augardente, ata que marchamos, votamos a noite.

Qué ben o pasei. Disfrutei máis ca ningún outro, comín, bebín, fumei (todavía fumaba, que se lle vai facer), divertinme, bailei (cousa que e moi raro que faga normalmente) e ata xoguei ao futbolín.

E o mellor de todo, que despois de todo ese tempo, sigo igual de namorado da miña compañeira de viaxe. E como dato curioso, xa levamos tantos anos de casados coma estivemos de noivos.

Menudo día aquel 13 de Setembro de hai sete anos.

No hay comentarios: