sábado, 13 de febrero de 2016

QUIXERA...

Xa chega o gran día no que se amosan, para todo o que esté interesado nisto do cine, os froitos do traballo dos últimos meses por parte de tódolos participantes, que no meu caso, iso dos meses veuse limitado a semanas polas idas e vidas, algunha que outra visita ao hospital (nada grave), un plan de adelgazamento un tanto radical (que inclue horas de deporte e de cociña sana)  e algunha que outra ocupación máis, como ser o administrador da páxina de Facebook (e creador de algún que outro contido) dun grupo de motos co que saio, que en conxunto, me comeu tempo de adicarlle á miña "opera prima". A miña "curta" para frauta e guitarra de 12 cordas en mi menor, Opus 1.




I e que, e verdade, unha vez que vexa a luz a miña primeira curtametraxe, deixarei de ser un cineasta debutante e primerizo, xa terei unha creación que amosarlle a todo aquel que dubide da miña palabra e xa non poderéi optar ao Goya ao mellor director novel, cagona...!!. Certo que xa fixera algún que outro video (incluida montaxe), pero non se pode amosar públicamente polo tema dos dereitos de imaxe dalgún que nel sale e demáis...




A peza que teño preparada titularase "QUIXERA", e a miña "productora" dime que o máis que poido poñer para describila é:




"QUIXERA é o desexo de reflexar a ilusión polo proxecto, a posta en marcha ilustrada en imaxes que resumen o proceso de elaboración da curta, QUIXERA dicirvos máis..."




Ata aquí poido ler, non hai máis ata que a vexades. Estame carcomento por dentro de non dicilo, pero teño que ser forte. Así que, xa sabedes, se pasades hoxe, 13 de febreiro de 2016, pola Casa da Cultura de San Sadurniño, a partires das 06:30 da tardiña, xa me diredes se vos gustou ou non, e se me vedes faládeme, que xa sabedes quen son, pero eu non coñezo a moitos de vos. E se non vades, xa compartiremos por aquí o enlace da miña creación ao canal en YouTube do Chanfaina Lab...


Agardo que vos guste e sobre todo estar á altura do que se agardaba de un humilde servidor (que agardo que non foran moi altas as expectativas,¿eh?)...




Para o ano, máis e millor...

No hay comentarios: