E non e mentira o título desta nova entrada.
En todo o tempo que levo escribindo neste blog, penso que nunca vos falei do "faiado" da Lobeira. Desa habitación "recolletodo" na que se garda o que non se usa, o que estorba noutro sitio e na que o orde non e prioritario. Resulta que alá polo 2005, cando comecei a visitar o Lugar, resultoume moi curiosa a distribución da casa. Lembrabame algo da casa que miña avoa paterna tiña en Neaño, no concello de Cabana de Bergantiños.
En todo o tempo que levo escribindo neste blog, penso que nunca vos falei do "faiado" da Lobeira. Desa habitación "recolletodo" na que se garda o que non se usa, o que estorba noutro sitio e na que o orde non e prioritario. Resulta que alá polo 2005, cando comecei a visitar o Lugar, resultoume moi curiosa a distribución da casa. Lembrabame algo da casa que miña avoa paterna tiña en Neaño, no concello de Cabana de Bergantiños.
Naquela casa, que agora non disfrutamos debido á codicia e á avaricia, primeiro da miña tía (xa difunta) e actualmente dun primo meu, a disposición das habitacións era a típica nunha casa "moderna" do rural galego. Enriba da cociña, ocupando esta case toda a planta baixa, atopábanse unha sala enorme e unha habitación que coma única división tiñan unha cortina. A cociña da casa da miña avoa, que inicialmente eu recordo que era moi pequena, foille gañando partido á casa, mais que nada por practicidade, e tras tirar un tabique que separaba a cociña dunha salita que apenas se usaba, a cousa cambiabache moito. Estaba equipada cunha cociña "económica" ou "bilbaina", que os "snobs" agora chaman estufa de leña... pois non, era unha cociña, na que nos seus tempos, o meu avó, que para a miña sorpresa era o que cociñaba habitualmente na casa (de algún lado me tiña que vir o gusto por cociñar e experimentar), preparaba deliciosos pratos. Ao tirar aquel tabique, a cociña (e polo tanto a sua calor) xa chegaba ata a habitación de Rosalía, que así se chamaba miña avoa. De todalas miñas visitas a aquela casa, sempre recordo o calor nos pes cando me erguía pola mañá, xa que a miña avoa encendía nada máis erguerse.
Ese mesmo recordo, o do calor, teñoo das miñas primeiras visitas a Manolo (avó viuvo da miña muller) alá polo outono do ano 2001. Sempre tiña encendida a cociña de leña, unha vella hergom de obra coa cal mantiña caldeada a cociña, quentaba o caldo ou facía o café, e que á vez, mediante a chimenea, caldeaba a habitación na que durmía el pola noite, i e que, inda que non o creades, na Lobeira vai frío (cando fixeron a casa non pensaron na orientación e fixeron toda unha cara da casa con 4 ventás orientadas aos ventos mariños do norte). Estamos falando duns 6 gradiños menos que en Neda ou Ferrol (prácticamente en todas as estacións do ano) e uns 4 menos que en San Sadurniño. Menos mal que hai uns 2 grados máis que en Sedes (Narón) ou que no polígono do Río do Pozo.
O caso e, que tras quedar a casa valeira, polo pasamento de Manuel, dixera Inolita: "Noso Señoriño o teña no ceo", a casa quedou valeira. Pasou o tempo e comecei a usa-la casa para estudar, xa que a zona, como tranquila, non tiña (nin ten) prezo. E comecei a analizar a disposición da casa i era, cando menos, curiosa.
Na planta baixa, tiña a cociña, un pequeno pasillo ou distribuidor (como lle chaman agora os gurús da obra civil), que comunicaba as escaleiras que subían á 1ª pranta, a porta que daba ó porche (que non estaba nin está pechado) e o actual salón, que daquela inda estaba dividido en duas partes, unha máis pequena para o "calentador" da auga e un vello forno de canteiría; e outra un comedor para as celebracións sinaladas coma patróns e demáis monsergas. Mais a rareza era, que o actual salón, foi un espazo gañado no seu día a un patio. Xa que e de ladrillo, e a casa ten muros de un metro vinte. Fixéranllo, seguramente, para poder ter o forno vello dentro da casa e non ter que mollarse ao usalo.
Se un salía ao porche, e entraba por unha porta situada á esquerda, daba a un pequeno pasillo no que á dereita estaba un pequeno baño, ao fondo o galiñeiro, e chegando ao galiñeiro, á esquerda de novo por un pequeno oco no muro que facía as veces de porta, sen porta, pasabase á antiga cuadra das vacas. Hoxe esta última porta xa non existe, pois cando se fixo a distribución nova, tapiouse para facer un baño máis amplo e un cuarto de lavadora e plancha, no que tamén temos o conxelador, no mesmo espacio que antes ocupaban as galiñas e un pequeno aseo.
Da cociña, antigamente tamén había unha porta que daba á cuadra. E a citada cuadra, que ainda tiña unha porta máis que daba ao outro lado da casa, e o que dende hai bastantes anos damos en chamar "O Zulo", venlle o nome dado polo teito excesivamente baixo, a súa escasa iluminación e a súa incipiente humidade. No noso zulo temos de todo, dende un arcón conxelador, ata bancos para o patrón (que curiosamente nunca celebramos, pero habémolo celebrar como que me chamo Fran). Agora debido ás obras, tivemos que valeirar a pranta superior da casa, e ¿onde credes que puxemos todo o que tiñamos arriba? ¡CORRECTO! ¡no Zulo! O cal, persoalmente penso que sería unha Despensa macanuda de poñela en comunicación de novo coa cociña, pero ninguén me fai caso, disque non queren furós na casa. Habemos andar ese camiño, tamén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario