¡Mi ma! Xa pasaron por aquí...

lunes, 2 de mayo de 2011

ISTO NON É O MEU (reeditado en Galego)



Escultura realizada por Dalton Ghetti
Si,  é  verdade, nunca  na  miña vida  fun de letras, o meu  sempre foron as materias que contiñan números, aínda que, dada a miña comodidade, sempre foron nas que sacaba as notas máis baixas. Como co que vía e escoitaba na aula "chegábame" non estudaba máis. Para que?

Podería dicirse que aprendín o que era estudar en serio fai uns 6 anos cando opositei a un posto superior na empresa na que traballo. A sexta edición do  Malvino de Electrónica Dixital en 4 meses (este libro dáse durante 2 anos de FP de Electrónica). Isto si foi estudar e non o que fixen o ano que acabei no Instituto.

Pero, de todolos xeitos, escribir nunha web (se é que a isto se lle pode chamar escribir), á fin e ao cabo, é "programar" en html, escribir uns e ceros en servidores web (electrónicos), sexa como sexa isto son NÚMEROS, non?


Escultura realizada por Dalton Ghetti

Esta segunda publicación utilízoa de interludio para pedir desculpas a todos os que se fixen, non só no contido, senón no continente. É dicir, pídolles mil perdóns a todos polas miñas innegables faltas  ortográficas, gramaticais, modais e  sintácticas. Aceptarei de bo grado todas as correccións e mesmo algún que outro "burro" ou "animal".

Tamén serve esta entrada para explicar a todos os que me lean, non só agora, tamén nun futuro, que o que manifeste de aquí en diante non son máis que puntos de vista moi persoais e ás veces moi pouco reflexionados ou discutidos no meu círculo de amigos, é dicir, acepto de bo grado outros modos de ver as cousas diferentes,  enriquezámonos cos comentarios de lectores que non ven as cousas coma nós, non os critiquemos.

Usarei este blogue para desafogar as miñas frustracións con temas cotiáns que nos suceden a todos.

"Dous máis dous son catro", se o expresamos dunha maneira puramente literaria pero... eu sempre seguirei a escribilo na súa forma que, para min, é moito máis atractiva.

2 + 2 = 4

No hay comentarios: